O primeiro Consello de Goberno do curso 2017-2018 deu luz verde este mediodía aos criterios para a elaboración da oferta de emprego público do persoal docente e investigador da Universidade de Vigo para este ano 2017, que contempla a convocatoria dun total de 34 prazas. Do total da oferta, 22 prazas de profesorado permanente correspóndenlle este ano á Universidade por taxa de reposición, ao que se engade este ano unha chamada taxa adicional, que contempla o 90% das prazas que estean dotadas orzamentariamente e leven ocupadas máis de tres anos consecutivamente, que no caso da institución viguesa suman 12. Ademais, das 34 prazas que poden ser convocadas este 2017, tres deben, necesariamente ser reservadas para persoas que remataron o seu contrato Ramón y Cajal e das 31 restantes, 24, para prazas que estean neste intre ocupadas interinamente e as outras sete, para funcionarización, isto é para pasar de profesora ou profesor contratado doutor a profesora ou profesor titular de universidade.
09/10/2017