Unhas poucas horas antes de ser fusilado xunto ao seu irmán, o líder do Alzamento de Pascua de 1916 en Irlanda, Pàdraig Pearse, escribiu un poema no que unha nai recrea como ve marchar aos seus dous fillos, mozos e fortes, para loitar por unha causa que cualifica de gloriosa e que acaba coa vida dos seus descendentes, que se converterán en heroes. “Señor, que duro es coas nais, sufrimos cando os traemos ao mundo pero moito máis cando se van”, así remata A nai, The mother, o poema de Pearse que está na orixe de O Rebelde, The Rebel, a primeira ópera-rock feita en Galicia, que o seu autor Miguel Caride presentou este mediodía na Facultade de Filoloxía e Tradución.
05/10/2017