A Universidade de Vigo destina este curso un total de 280.000 euros ás bolsas comedor, axudas propias da institución que teñen como finalidade garantir a igualdade de oportunidades das familias con menos recursos e, por tanto, os requisitos económicos para acceder a este tipo de axudas son bastante esixentes, polo que a renda anual non pode exceder de 3000 euros por membro da unidade familiar non podendo exceder a renda per cápita de 3000 euros anuais, ademais doutros requisitos económicos. Estas bolsas, que se poden solicitar ata o día 23 de outubro, están destinadas ao alumnado de grao e mestrado matriculado no curso 2017-2018 en calquera dos tres campus, ben nun curso completo, ben nun número mínimo de créditos que se recolle na convocatoria.
03/10/2017