Ao longo da súa traxectoria, o ciclo Pensar o Cine dedicou, xa sexa de xeito específico ou transversal, unha atención especial á muller e á igualdade desde diferentes ángulos de análise. Nesta liña de compromiso, a novena edición desta iniciativa bota a andar co título Sexualidade, muller e igualdade. Do 4 de outubro ao 15 de novembro, a Facultade de Dereito do campus de Ourense acollerá oito sesións nas que, mesturando a proxección de películas actuais, a intervención de especialistas e o debate aberto, se intentará afondar desde diferentes puntos de vista nas problemáticas de xénero relacionadas coa sexualidade presentes na sociedade.
04/10/2017