O visto e prace aos convenios entre a Zona Franca e a Universidade de Vigo e entre o Consorcio e a Xunta de Galicia que permitirán o desenvolvemento do proxecto de Campus do Mar previsto na ETEA, será unha realidade o vindeiro martes 25 de abril, data proposta por Abel Caballero para a celebración do pleno do Consorcio que preside. Foi o propio alcalde de Vigo, nunha reunión celebada este mediodía no Concello, o que confirmou ao reitor da Universidade de Vigo, a data na que terá lugar unha sesión na que Mato explicou que se aprobarán os convenios previstos “o que posibilitará que vaian adiante as actividades previstas de Campus do Mar na ETEA. Estamos moi felices de que podamos poñernos a traballar dunha forma definitiva”, sinalou o reitor. Mato, na súa coparecencia ante os medios, asegurou que o importante para el é falar de futuro e o importante para a Universidade é “que isto vaia para adiante".
20/04/2017