A pandemia da covid-19 mudou os plans vitais de moitas persoas. Entre elas, os do director do Coro Universitario do Campus de Ourense Schola Cantorum Xabier Álvarez, que ao ser colectivo de risco decidiu deixar a dirección da agrupación coral despois de fundala e dirixila durante 15 anos. A proposta del, asume o cargo Ruth González, cantora desta formación. Entre a continuidade e a renovación, a súa nova responsable aposta por “un coro educador, aberto, cooperativo, inclusivo e interxeracional”.
15/09/2020