1166 na primeira fase e outros 129 na segunda. En total 1295 estudantes de primeiro curso de grao participaron nas probas de nivel para coñecer o seu coñecemento de inglés no marco do Plan Integral de Preparación e Acreditación do Inglés (PIPA).
Dos 17 ODS da Axenda 2030 foron os de Acción polo clima (13), Enerxía asequible e non contaminante (7), Produción e consumo responsable (12) e Industria, innovación e infraestruturas (9) nos que maioritariamente puxeron o foco os cinco Traballos Fin de Mestrado gañadores dos Premios Innovación Sostible da Cátedra Telefónica-UVigo 2023.
Investigadores do Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións e do Grupo de Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas, ambos de atlanTTic, participaron no deseño dun sistema de antenas máis eficiente para os satélites destinados a comunicacións de alta capacidade.
A convocatoria de axudas a grupos de investigación do campus de Ourense Inou-Campus Auga, feita pola Universidade de Vigo con financiamento da Deputación de Ourense, xa ten proxectos gañadores.
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle este xoves e venres, 11 e 12 de abril a celebración do IV PRICIT Doctoral Workshop. Nela abordaranse temas de actualidade en eidos como a contabilidade, a auditoría ou o control de xestión.
Un equipo do grupo Environmental Physics Laboratory (EphysLab), do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, está a desenvolver o proxecto estatal Setestrelo. Ao seu abeiro realizan unha avaliación en alta resolución do transporte de humidade no Atlántico norte.
As alumnas da Facultade de Ciencias do Mar Sara Martín Alís e Rita Lorenzo Pérez, participan esta semana en Barcelona nun dos eventos organizados arredor da Conferencia da Década dos Océanos, organizada pola Unesco e na que participan arredor de 1500 persoas expertas.
A alumna da Universidade de Vigo Andrea Montes conseguiu esta fin de semana a medalla de prata no Campionato de España Universitario de Halterofilia, celebrado en Los Alcázares (Murcia).
Arranca en Vigo Biointegrasaúde 2024, encontro anual no que os tres institutos de investigación biomédicos galegos (Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Instituto de Investigación Biomédica da Coruña e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur) fan unha posta en común da súa actividade científica.
O Centro de Investigación en Nanomaterias e Biomedicina, CINBIO, da Universidade de Vigo é unha das nove entidades seleccionadas para participar no consorcio europeo Adaptation, financiado con 3,6 millóns de euros de axudas Pathfinder da Unión Europea.
Este venres celebrouse no campus de Ourense a clausura e entrega de diplomas do XII Curso de Intervención Socioeducativa con Persoas Afectadas pola Enfermidade de Alzhéimer.
O campus de Ourense acolle este xoves a celebración das XXI Xornadas Interxeracionais. Nelas, máis de 150 persoas de idades e capacidades diversas conviven e estreitan lazos a través de actividades lúdicas.
Arredor de medio centenar de persoas participa esta semana na Universidade de Vigo na primeira xuntanza en Europa do proxecto Ibero4Jobs. A iniciativa reúne a especialistas de universidades e organismos de Colombia, México, Portugal e España.
“Un salto abismal”. Así se refiren as alumnas e alumnos de UVigo Space Lab á súa nova estación terrea, unhas instalacións situadas no edificio Filomena Dato que se converterán no “corazón do procesamento da sinal e futuro centro de control para a misión espacial BIXO”.
Un ano máis, a Universidade de Vigo embárcase en La Aventura del saber. O programa de TVE2, que estreará nova temporada mañá mércores 3 de abril, volverá contar coas universidades españolas na sección Universo Sostible.