Este curso académico remata a súa formación no campus de Ourense a primeira promoción do Grao de Enxeñaría Aeroespacial, da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da UVigo. Camiñando cara este fito, este venres cinco estudantes de cuarto e último curso desta titulación defenderon, de xeito telemático debido á covid-19, os seus traballos fin de grao, os primeiros deste centro. Neles as e os alumnos afondaron en temáticas diversas que abranguen desde a medición de deformacións de fuselaxes de aeronaves ata o deseño conceptual dun drone para explorar Titán.
26/06/2020