A Xeración do 27, Gabriel García Márquez, Buero Vallejo, ou o teatro previo á Guerra Civil serviron para comezar a escribir e ir deixando atrás os nervios que levan acumulados nas últimas semanas. Máis de 4400 alumnos do sur de Galicia participan dende este mércores nas Probas de Acceso á Universidade (PAU) nos tres campus da Universidade de Vigo. Leven todo o curso preparando os exames e agora teñen por diante tres días para demostrar que xa están listos para dar o salto ás aulas universitarias. Tras a presentación oficial, a xornada arrancou as 10.00 da mañá co exame de Lingua Castelá e Literatura, unha proba na que, ademais de literatura, tiveron tamén que resolver diferentes exercicios gramaticais, ortográficos e sintácticos a partires de dous textos, ou ben un de Elvira Lindo ou ben un artigo do New York Times.
11/06/2014