Na sociedade do coñecemento, todo medio pode ser medio de comunicación, e todo receptor aspira a ser, en algún momento, tamén emisor. Así, os medios de comunicación de masas están sendo substituídos por medios inicialmente de carácter individual, pero que se están a converter en medios de masas: a televisión deixa paso a Youtube. Deste xeito resumiu o xornalista Manuel Campo Vidal, os cambios que a comunicación está a sufrir actualmente, centrándose especialmente no seu campo de traballo, a TV. Con este relatorio clausurouse o ciclo de conferencias da Cátedra Fundación Caixa Galicia, que estivo centrado na sociedade do coñecemento.
28/11/2007