O seu gusto pola montaña, “pola aventura e a supervivencia”, levou a Adrián Moreira a atopar nos raids de aventura, unha competición multidisciplinar que combina a carreira, a bicicleta, o piragüismo e o barranquismo, moito máis que unha afección. Esta esixente modalidade deportiva, "que require de resistencia e orientación" e na que os participantes deben superar longos percorridos sen apenas descanso, permitiulle chegar a “lugares máxicos e únicos” no medio da natureza, como salienta este estudante da EE Forestal, que este mércores comezaba a súa participación no Raid in France, unha das carreiras incluídas nas series mundiais desta disciplina.
16/09/2015