Nun acto que simboliza a fin de unha etapa e o inicio doutra como é unha graduación, non poden faltar as verbas de ánimo a para quen emprende un novo rumbo “coa cabeza ben alta”, como lles solicitou nesta xornada a decana de CCSS e da Comunicación, Emma Torres, aos 72 novos graduados e graduadas en Publicidade e RRPP. “Estades ben preparados, tedes as ferramentas, todo depende do camiño que vos marquedes e a onde queirades chegar, de aquí, ao infinito”, apuntou a decana no que foi o último acto de graduación do curso no campus, nun día no que 11 novos titulados e tituladas do Programa para Maiores festexaron tamén o final dun ciclo.
26/06/2015