O modelo educativo finlandés é tomado como paradigma de éxito. O informe PISA, a avaliación que a OCDE realiza dos coñecementos do alumnado en 65 países e rexións, dá sempre a este país as mellores cualificacións a nivel internacional, ao igual que noutras clasificacións de calidade no ensino. Por este motivo, Fernando de Vicente, estudante da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense, quixo realizar este curso as prácticas obrigatorias dos seus estudos nun centro dese país. A experiencia, apunta, permitiulle entender o porqué destes bos resultados e ter a oportunidade de formar parte durante uns meses dun sistema que para calquera educador é un soño feito realidade.
14/02/2014