A Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar Termatalia chega esta semana á súa 17 edición convertida, tal e como salientan os seus organizadores, en “punto de referencia internacional para o negocio no turismo termal, de saúde e de benestar”. Deste xeito, contará coa participación de 260 expositores, 30 operadores de turismo e 40 países representados, con destacada presenza de América Latina e Europa e incorporando tamén a Asia-Pacífico. A faciana científica da cita, que se celebrará en Expourense os días 21 e 22 de setembro, chegará da man da celebración de xeito paralelo nela do II Simposio Internacional de Termalismo e Calidade de Vida.
18/09/2017