A primavera parece chegar por adiantado ás rutas culturais do Servizo de Deportes. Este sábado 7 de marzo a andaina trasládase ás Rías Baixas acompañadas segundo as previsións meteorolóxicas dun bo tempo que podería traer o sol e a calor suficiente como para darse “o primeiro baño do ano”, como explica José García-Calvo, Willy, coordinador dos roteiros da Universidade de Vigo. Tratarase dun percorrido coa auga do mar como acompañante principal, xa que o traxecto transcorrerá paralelo aos principais areais da península de O Grove. “O tramo máis afastado discorre a 20 metros da costa, polo que será unha ruta moi bonita e manexable”, salienta.
04/03/2015