A creación de empresas é considerada un dos factores chave do desenvolvemento económico e do mantemento da competitividade, en gran parte pola súa clara contribución á xeración de emprego. A literatura económica non só recolle unha visión xeral da muller como “un conxunto heteroxéneo” con características particulares distintas ás dos emprendedores masculinos, senón que lle atribúe ás empresas promovidas por mulleres un menor crecemento en base a unha menor dotación de recursos, así como a diferentes valores, actitudes e preferencias. Os profesores María Jesús Rodríguez Gulías, da Universidade de Vigo, e Sara Fernández e David Rodeido, da Universidade de Santiago, son os autores do primeiro estudo empírico que analiza as diferenzas de xénero nos recursos iniciais (financeiros, humanos, sociais e tecnolóxicos) e no crecemento en vendas e en emprego das spin-off universitarias, no que conclúen que estas variables non difiren entre as empresas creadas por mulleres e as fundadas exclusivamente por homes.
19/02/2015