Co 100% do seu primeiro plan estratéxico de actuación completado con éxito, o proxecto de especialización do campus de Ourense, o Campus da Auga, vén de presentar este luns o que é o seu primeiro gran produto académico: o Programa de Doutoramento Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento, que se implantará no curso 2017/2018. Esta oferta académica nace avalada por 134 investigadoras e investigadores da Universidade de Vigo, do Instituto Politécnico do Porto e da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro e co obxectivo de ser un programa capaz de ofrecer unha formación avanzada e de elevada calidade en temáticas propias do Campus da Auga, contando coa participación multidisciplinar de todas as escolas e facultades do campus ourensán. “Este doutoramento convértese no primeiro e máis ambicioso obxectivo acadado”, destacou Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense.
17/07/2017