A media tarde dous coches chocan de fronte nos arredores do campus. Dentro deles, catro persoas permanecen atrapadas, unha delas inconsciente, mentres, os curiosos comezan a congregarse para presenciar a escena. Alguén chama ao número de emerxencias, 112, e de seguida se desprazan ata o lugar membros da policía local, que fan unha primeira valoración da situación e tranquilizan aos feridos. Pero non se asusten, por unha vez, o drama é só ficción, e pertence ao simulacro de accidente de tráfico co que as I Xornadas de Educación Viaria Dous de fronte, organizadas polos CAEF e o Gabinete Psicopedagóxico, chegan ao seu fin.
09/05/2008