Logo de preto dun ano de funcionamento, o vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, fixo xa un primeiro balance da posta en marcha do proxecto Ronsel, unha iniciativa destinada á recuperación do patrimonio inmaterial galego. Segundo destacou Area no transcurso do II Congreso de Patrimonio no Século XXI, puxéronse xa en marcha os principais eixos do programa con excelentes resultados. A este respecto, o vicerreitor e coordinador do proxecto, sinalou que ao longo de todo o ano pasado, dende Ronsel desenvolveron múltiples actividades, entre as que destacan “tres fundamentais: o Plan Estratéxico para Patrimonio Cultural Inmaterial, a Mostra de Patrimonio Inmaterial, e a posta en marcha dun portal, que sendo ambiciosos queremos chamar plataforma global de difusión do patrimonio cultural inmaterial”.
25/04/2008