Corría o ano 1680 cando ao xardín botánico de Leyden (Holanda) chegaba por primeira vez o Carpobrotus edulis, unha planta orixinaria de Sudáfrica, que 300 anos despois se converteu, xunto a outras especies exóticas, nunha das principais causas de perda de biodiversidade no mundo. Galicia, onde o Carpobrotus, coñecida popularmente por uña de gato ou herba de coitelo, entrou polo Grove a principios do século XX cunha finalidade ornamental, é unha das zonas máis afectadas pola proliferación desta especie. A ausencia de estratexias eficaces para deter o avance desta planta invasora e restaurar as zonas afectadas, están a producir unha homoxeneización ecolóxica e da paisaxe, coa conseguinte perda de biodiversidade.
19/05/2015