DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O CAFyD derrota cun 2-0 ao Mucovi Vilagarcía acadando a súa primeira vitoria da tempada

O equipo filial do CAFyD na Liga Local debuta este martes en Monteporreiro

Etiquetas
  • Pontevedra
  • Deportes
E.L. Castro DUVI 09/11/2009

O equipo de fútbol sala do CAFyD (Club Deportivo Ciencias de la Atividad Física y Deporte) derrotou por 2-0 ao Mucovi Vilagarcía no encontro disputado esta fin de semana en Carballedo. Foi Luismi quen inaugurou o marcador no minuto 1, mentres que o segundo tanto, marcado por Martín, non chegaría ata o minuto 37. Con todo, o partido estivo bastante igualado ata o final, con ocasións de gol en ambas porterías. O maior acerto do CAFyD e a súa boa defensa propiciou a consecución da súa primeira vitoria na Liga Provincial, categoría na que se estrea o club universitario este ano.
Por outra banda, salientar que o equipo filial do CAFyD que milita en Liga Local debuta esta semana en partido oficial. O encontro ante o Sanroque terá lugar no pavillón de Monteporreir este martes ás 21 horas.