DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Reparto de propaganda do grupo socialista

A campaña electoral chega tamén ao campus

Abel Caballero, alcalde e candidato do PSOE no 22-M, comeu con antigos compañeiros na Facultade de C

Etiquetas
  • Vigo
  • Institucional
Noemí Rey DUVI 09/05/2011
Pistoletazo de saída oficial da campaña electoral no campus. O actual alcalde e candidato á alcaldía polo PSOE, Abel Caballero, achegouse hoxe ata as facultades de Filoloxía e Tradución e de Ciencias Económicas e Empresariais para repartir entre estudantado, docentes e persoal información sobre o acadado nestes catro anos de Goberno en Vigo e tentar de convencer ao electoral de cara ás votacións do vindeiro 22 de maio. Nun ambiente distendido, varios membros que concorren na lista do Partido Socialista, como Jaime Aneiros ou Enma López, repartiron nas inmediacións da facultade tanto folletos baixo o lema ‘Falan os feitos’ nos que se recollen medio cento de logros dos socialistas na cidade como preservativos, caramelos ou pulseiras da sorte coas iniciais socialistas.

Tralo reparto, bicos e abrazos cos antigos compañeiros de traballo á entrada da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, onde ata visitou o seu antigo despacho antes de ir a compartir mesa e mantel con parte deles e cos membros do seu partido e no comedor da facultade onde transcorreu parte da súa vida laboral como catedrático de Teoría Económica e se sinte como na súa casa. Efusivo saúdo á cociñeira que sempre lle servía a comida e un bo almorzo, “tan barato como o recordaba”, antes de retomar a axenda do día como candidato á alcaldía de Vigo.