DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Promovida pola Vicerreitoría, terá lugar do 11 ao 15 de decembro

O campus acolle de novo unha semana de recollida de aparellos eléctricos e electrónicos

Poderán depositarse nos puntos habilitados nos diferentes centros

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Medio Ambiente
  • Institucional
DUVI Pontevedra 07/12/2023

Unha vez rematada a súa vida útil, teléfonos móbiles, equipos informáticos ou electrodomésticos convértense en residuos que precisan dun correcto tratamento, dado o carácter contaminante dalgún dos seus compoñentes. Contribuír á concienciación da comunidade universitaria respecto desta cuestión é o obxectivo central da XVII Semana de Recollida de RAEE´S (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos), que a Vicerreitoría do campus promove entre o 11 e o 15 de decembro. Ao longo da vindeira semana, habilitaranse nas diferentes facultades e escolas do campus, na Casa das Campás e no Pavillón Universitario uns puntos de recollida nos que comunidade universitaria poderá depositar todo tipo de RAEE, dos que se exclúen tanto lámpadas como baterías. Rematada á semana, estes serán trasladados a un xestor autorizado no seu tratamento como residuos.

Inserida no compromiso do campus coa sustentabilidade, esta iniciativa permite reunir en cada edición tanto equipos obsoletos dos diferentes centros como outra serie de aparellos que a comunidade universitaria achega ao campus desde as súas casas. Nese senso, as dúas edicións desta semana de recollida desenvolvidas ao longo do pasado curso, nos meses de novembro e maio, permitiron reunir máis de 2000 quilos de RAEES.