DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Na asemblea e congreso que celebra a entidade en Ourense

O Campus Auga preséntase ante a Federación Mundial de Hidroterapia e Climatoterapia

O vicerreitor do campus explicou as características deste proxecto de especialización

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Internacional
  • Investigación
DUVI Ourense 27/10/2023

A cidade de Ourense acolle ata este sábado a celebración da 74ª edición da Asemblea e do Congreso Científico Internacional da Federación Mundial de Hidroterapia e Climatoterapia (FEMTEC) baixo o lema Balneroterapia do futuro. No marco da súa  programación, este venres, Francisco Javier Rodríguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense, presentou en detalle ás persoas asistentes o Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense arredor dos recursos hídricos apoiado pola Xunta de Galicia.

A Federación Mundial de Hidroterapia e Climatoterapia, fundada no ano 1937, conta actualmente con máis de 30 países membros, sendo, segundo indican desde a súa organización a única organización non gobernamental do sector que mantén relacións oficiais coa Organización Mundial da Saúde. O seu congreso en Ourense, apoiado pola Deputación de Ourense, acolle 45 relatorios a cargo de delegados procedentes de 20 países, con presencia de delegacións de Estados Unidos, Uzbekistán, Italia, Kazajistán, Portugal, España, Polonia, Australia, Francia, Romanía, China, Cuba, Nixeria, Rusia e Suíza, que se completa coas intervencións on line desde Arxelia, Marrocos, Brasil, México e San Marino.