DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O conserxe do Edifico Xurídico-Empresarial faleceu onte

O campus garda un minuto de silencio en homenaxe a Jaime Armada

A comunidade universitaria transmite o seu pésame á familia e amigos

Etiquetas
  • Ourense
  • Institucional
Rosa Tedín DUVI 30/11/2010
Arredor de medio cento de membros da comunidade universitaria gardaron esta mañá, ás 12.00 horas, un minuto de silencio en honra de Jaime Armada, conserxe do Edificio Xurídico-Empresarial do campus que faleceu este luns pola mañá ao 56 anos de idade.

Como lembrou a vicerreitora de Investigación e Transferencia do campus, María Victoria Jato, Jaime levaba traballando para o campus de Ourense desde hai moitos anos e era moi querido pola comunidade universitaria.

No acto, que tivo lugar fronte ao edificio no que traballaba, os asistentes lembraban especialmente o seu carácter alegre, moi activo e servizal. Con este minuto de silencio, o alumnado, o profesorado e o persoal do campus quixeron transmitir o seu máis sentido pésame á familia do falecido e aos seus achegados.

O enterro terá lugar na tarde de hoxe martes, ás 16.00 horas, en Freixoso, na parroquia de Celanova.