DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Cinco horas cun sabio angloalemán

O catedrático da Universidade de Edimburgo, Heinz Giegerich, imparte un seminario en Filoloxía e Tra

Etiquetas
  • Vigo
  • Académica
D. Besadío DUVI 27/11/2008
O catedrático da Universidade de Edimburgo, Heinz Giegerich, visita estes días a Facultade de Filoloxía e Tradución para impartir un curso de cinco horas sobre Lingüística e literatura inglesas.
Esta foi a primeira visita do sobranceiro catedrático á Universidade de Vigo, despois de aceptar unha invitación da profesora do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemana, Rosalía Rodríguez Vázquez, que en 2007 rematou o seu postdoutoramento baixo a dirección do profesor Giegerich.

As monografías do autor, unha referencia obrigatoria

O catedrático Heinz Giegerich imparte numerosas materias na licenciatura e nos másters de Lingua inglesa da Universidade de Edimburgo, ademais de dirixir varias teses de doutoramento.
O seu labor investigador céntrase no estudo da fonoloxía do inglés e o alemán, así coma na relación desta coa morfoloxía das linguas en cuestión. É autor de numerosas publicacións, entre as que destacan as súas monografías, que figuran entre as lecturas obrigatorias de departamentos de lingua inglesa de todo o mundo.