DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Comunicado de condena pola explosión dun vehículo xunto ao Edificio Central da Universidade de Navarra

Etiquetas
  • Vigo
  • Institucional
DUVI 30/10/2008



Ante a explosión, esta mañá, dun coche bomba estacionado xunto ao Edificio Central da Universidade de Navarra, a Universidade de Vigo expresa a súa condena máis firme e a súa máis enérxica repulsa ante feitos que non teñen cabida na nosa sociedade.

Así mesmo a Universidade de Vigo trasládalle a súa solidariedade e afecto ás persoas que resultaron feridas a consecuencia da explosión.

Lamentamos profundamente que un espazo destinado á formación e intercambio de coñecementos, convertérase en escenario da barbarie e apelamos á sociedade para erradicar unha lacra que pretende enturbar a convivencia dos cidadáns.