DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Impartida por investigadores do Post-Growth Innovation Lab en Ciencias da Educación e do Deporte

Unha conferencia buscar achegar visións alternativas do desenvolvemento sustentable ao futuro profesorado

O seu propósito era afondar na idea do decrecemento e na súa abordaxe educativa

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Estudantado
  • Medio Ambiente
  • Académica
DUVI Pontevedra 14/02/2023

Introducir ao alumnado da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte a idea do decrecemento e promover unha reflexión sobre as implicacións sociais e ambientais dunha sociedade que basee o seu progreso nun crecemento económico continuado, co propósito de facilitar a abordaxe educativa destas cuestións no seu futuro como mestres e mestras. Este era o obxectivo central da conferencia que este martes impartiron neste centro os investigadores do Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo Mario Pansera e Javier Lloveras, na que, como salientou este último, buscaron pór o foco “en que o desenvolvemento sostible é incompatible co crecemento económico”.

Como explicou a promotora desta actividade, a profesora Mercedes Varela, “os problemas socioambientais están integrados no novo currículo educativo” co que terán que traballar no seu futuro como docentes, polo que a súa abordaxe require promover previamente unha reflexión sobre “a orixe destes problemas, que están relacionados co tipo de desenvolvemento que temos na actualidade”. Nese senso, a actividade tomou como punto de partida a abordaxe nas aulas, no marco da materia Educación ambiental para o desenvolvemento, dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), aprobados en 2015 por Nacións Unidas. De feito, tras unha introdución nos ámbitos de traballo deste grupo de investigación do campus de Pontevedra por parte do seu coordinador, Mario Pansera, Lloveras centrou a súa intervención en trasladar ao alumnado “o problema de que o os ODS continúan a idea do crecemento”, achegando unha visión crítica respecto da formulación do desenvolvemento sustentable “como unha forma diferente de crecemento económico”.