DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Incrementouse a dotación económica nas dúas categorías

Convocados os premios Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica

Etiquetas
  • Vigo
  • Investigación
DUVI 10/10/2007
DUVI | Vigo
Coa finalidade de favorecer o recoñecemento social do traballo dos investigadores galegos e estimular o labor dos investigadores máis novos, a Consellería de Innovación e Industria a través da súa Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, publica hoxe no DOG os premios Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica.
Os galardóns que forman parte dos Premios Galicia de Investigación, teñen como protagonista este ano á área científico-técnica, establecéndose dous categorías: a de investigadores sénior que recoñece toda unha carreira e a de investigador mozo para os que comezan a destacar no seu labor investigador.

Dotacións económicas

Ao s galardóns na categoría senior, dotados con 38.000 euros, poderán optar as persoas que realicen investigacións na área científico-técnica, a lo menos, desde hai vinte anos. Os candidatos serán propostos por algunha institución académico-científica pública ou privada, con personalidade xurídica propia, ou, no caso que concorran por iniciativa propia, deberán ter o aval polo menos de dez investigadores.
No caso dos galardóns Antonio Casares y Rodrigo na categoría de novos investigadores, poderán optar investigadores que veñan realizado o seu traballo na área científico-técnica sempre que non transcorresen máis de seis anos desde a presentación da súa tese de doutoramento. Os premios teñen unha dotación de 7.000 euros.

Requisitos

Os investigadores deberán cumprir tanto nunha como noutra categoría os seguintes requisitos: estar adscritos a centros públicos ou privados de investigación situados en Galicia; ser investigadores galegos non vinculados a centros situados en Galicia ou quen non cumprindo os anteriores requisitos ,aborden temas directamente relacionados con Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será de un mes a partir do día seguinte da publicación da presente orde no DOG.
Os Premios Galicia de Investigación creáronse en 1998 e constitúen o principal recoñecemento institucional ao traballo dos investigadores nas áreas social, científico-técnica, humanística e sanitaria.

Máis información en http://www.conselleriaiei.org/dxidi/