DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A matrícula permanecerá aberta ata o 6 de marzo

Un curso da AulaTecnolóxica amosa as aplicacións de Photoshop no coloreado de cómics

Etiquetas
  • Pontevedra
  • Académica
Camino Carballeira DUVI 03/03/2009

Para un lector de cómics importa case tanto a historia como o debuxo dos personaxes, a expresión das liñas ou as cores empregadas. Nos últimos tempos, os creadores utilizan as ferramentas dixitais nos seus procesos de creación e a Aula Tecnolóxica ofrece, a partir do 9 de marzo, un curso de Coloreado dixital da ilustración.
As sesións consistirán, segundo o profesor do curso, Javier Montes, “na explicación do uso de Photoshop e a súa relación con outras ferramentas para facer aplicacións de cor na ilustración de cómics”. E é que esta ferramenta xa é algo máis que un estándar en retoque fotográfico, empregándose tanto para retocar debuxos realizados con técnicas tradicionais como para crear imaxes directamente. Neste caso, no curso “non se vai partir de cero, senón que se traballará a partir dunha imaxe previa en cor”, apunta Montes.
Para poder seguir o curso só se precisan “coñecementos básico de Photoshop en canto ao tratamento de imaxes e tamén nocións de teoría da cor”, explica Montes. Tamén se achegará información sobre hardware adicional ao equipo, como as tabletas gráficas, e se darán exemplos do uso doutros programas en combinación con Photoshop.

Matrícula a través da plataforma Bubela

O curso desenvolverase os próximos días 9, 11, 12 e 16 de marzo, en horario de 16.00 a 20.00 horas. A matrícula poderá tramitarse a través da Aula de Posgrao Virtual e esixe un pago de 10 euros, que só se fará despois de que a Vicerreitoría confirme a preinscrición e a dispoñibilidade de prazas . Despois o resgardo do pagamentos poderase enviar vía email, fax ou persoalmente na Casa das Campás.