DUVI

Diario da Universidade de Vigo

É membro da Escola de Xadrez Pontevedra-Universidade de Vigo

David Fernández proclámase campión de España de xadrez para cegos e deficientes visuais

É a primeira vez que un xogador galego acada este título

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Deportes
DUVI 27/11/2023

O xogador do Xadrez Pontevedra-Universidade de Vigo David Fernández acaba de proclamarse campión de España de xadrez para cegos e deficientes visuais no XXXII Campeonato de España Individual Absoluto FEDC que se celebrou nos pasados días na localidade cántabra de Isla. O torneo reuniu os  55 mellores xogadores de todas las comunidades autónomas, enfrontando un total de oito partidas. Nesta cita Galicia estivo representada por Carmen Lago, Dilan Rodríguez o propio xogador de Escola Xadrez Pontevedra-UVigo, David Fernández Lago, que arrancou esta cita no 5º posto do ránking inicial e rematou alzándose co título nacional.

Invicto no torneo

Fernández acadou a vitoria tras obter sete puntos nas oito partidas. Tras un arranque inmellorable, impoñéndose nos tres primeiros dós, o cuarto saldouse cun empate fronte ao excampión nacional David Zanoletty. Na quinta partida regresou á senda da vitoria fronte ao campión andaluz, José Manuel Vela, colocándose como colíder, a falta de tres partidas. Na seguinte partida empatou con Draghici, varias veces campión de España, chegando á sétima rolda, clave do torneo, xa que se enfrontaba ao número 1 do ránking, Roberto Clemente. Tras case cinco horas, finalmente o galego levouse a vitoria e colocouse no posto máis alto da táboa a falta dunha soa partida, na que enfrontaría ao campión balear, Alejandro Martínez. Despois de catro duras horas de competición, Fernández conseguiría levarse a vitoria e proclamarse campión de España, sendo así o primeiro xogador galego que consigue este título.

Unha traxectoria de éxitos

Esta éxito de Fernández chega despois de obter moi bos resultados nos últimos anos. Por exemplo, o xogador da EXP-UVigo participou nas Oimpíadas para persoas con discapacidade en 2020 e quedou 13º no Mundial Online da FIDE para persoas discapacitadas. Foi subcampión de España da FEDC en 2021 e en 2022 formou parte do equipo nacional que acadou o 4º posto no Campionato do Mundo por equipos IBCA. 

En 2024, David participará no Campionato de Europa IBCA en Romanía, así como en concentracións e torneos internacionais dentro do plan de tecnificación da Federación española de Deportes para Cegos.