DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O decano da Facultade de CC.Empresariais e Turismo deixa o cargo

Etiquetas
  • Ourense
  • Institucional
Mª del Carmen Echevarría DUVI 17/06/2009

José Carlos Yáñez, decano da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, deixa o cargo que desempeñaba, despois de confirmar, por motivos persoais e familiares, a súa marcha da dirección da facultade ourensá á que chegara hai algo máis dun ano, no mes de marzo de 2008.
Despois do anuncio realizado por Yáñez ábrese un período que desembocará na celebración no centro de eleccións para designar un novo decano.
Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo, José Carlos Yáñez, compaxina o seu labor docente cunha destacada actividade investigadora centrada en estudos sobre control interno e a economía de Ourense.