DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Editada pola Escola Universitaria de Estudos Empresariais

O décimo número da revista 'Decisión' afonda no mercado de traballo e da construción

Etiquetas
  • Vigo
DUVI 09/02/2011

A Escola Universitaria de Estudos Empresariais edita a revista Decisión como unha ferramenta para poñer en valor os traballos e proxectos de investigación desenvolvido no seu seo achegando á comunidade universitaria e á sociedade en xeral os resultados e conclusións obtidos. No décimo número desta publicación recóllense cinco proxectos que ofrecen unha análise en profundidade de mercados tan diversos como o da construción ou o do traballo e mesmo o de traspaso de futbolistas.

Este novo número ábrese co artigo Nelson Duarte, do Politécnico do Porto; Maria del Pilar Lopez, da Escola Universitaria de Estudos Empresariais e Francisco Diniz, do CETRAD que, baixo o título A characterization of firms and entrepreneurs on manufacturing and construction businesses, presenta unha análise das empresas do sector da construción centrándose no exemplo concreto do Vale do Sousa, en Portugal.

Da man dos profesores do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade, Ángel Barajas e Patricio Sánchez e do profesor da Universidad Antonio de Nebrija, Ignacio Urrutia, a revista recolle un estudo do mercado de traspaso de futbolistas a nivel internacional.

Por outra banda, inclúe tamén un traballo sobre o comportamento bursátil das empresas galegas, centrado na modelización das rendibilidades no contexto do mercado financeiro español asinado por Lucy Amigo Dobaño, profesora do Departamento de Economía Aplicada da Universidade. Outros dos artigos e froito da investigación de Gema Álvarez Llorente, do Departamento de Organización de Empresas e Márketing que afonda na importancia das variables demográficas e familiares na determinación do tipo de xornada laboral dos traballadores españois.

Finalmente, pecha esta publicación un estudo dos profesores Mª Teresa Fernández e José Carlos Yáñez, do Departamento de Economía Financiera e Contabilidade en colaboración con Ana Pumar, auditora de contas que presenta a situación desta figura do auditor antes as novas normas contables.