DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Así se anunciou nunha xuntanza de traballo entre o reitor e o alcalde de Vigo

A doazón do edificio Siemens á UVigo producirase “nun breve espazo de tempo”

Manuel Reigosa formulou a necesidade de dispor de espazos no Auditorio Mar de Vigo

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Reitor
  • Institucional
DUVI 02/11/2023

O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e o vicerreitor de Planificación e Sostibilidade, José Luis Míguez Tabarés, mantiveron este xoves unha xuntanza de traballo co alcalde de Vigo, Abel Caballero, na sede da Alcaldía. Foi un encontro no que tiveron a oportunidade de revisar a doazón do edificio Siemens á Universidade por parte de Zona Franca, algo que se producirá “previsiblemente nun breve espazo de tempo”, polo que segundo valora Abel Caballero, desde Zona Franca xa se lle terían cedido dous edificios, o Siemens e o Faraday, “por un valor de 10 millóns de euros”.

No encontro, Manuel Reigosa trasladoulle ao alcalde a necesidade de ocupar algúns espazos no Auditorio Mar de Vigo, ao que desde o Concello se respondeu que se “estudará a posibilidade de uso das aulas que estean dispoñibles” nestes momentos.

No caso da urbanización da ETEA, Caballero sinalou que o Concello está disposto a asumila “tan pronto como a Xunta envíe o proxecto e os recursos económicos”. Será entón cando desde o goberno municipal se aborde a humanización deste espazo