DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Na cuarta xornada de liga disputada esta fin de semana

Dúas vitorias e un empate para os equipos de xadrez do campus

O Universitario de Ourense A gañou a Xadrez Ourense B

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 14/03/2022

Os equipos que representan ao campus de Ourense na liga galega de xadrez disputaron esta fin de semana os encontros correspondentes á cuarta xornada, acadando dúas vitorias e un empate. Na primeira división, o Universitario de Ourense A gañou na casa 3-1 a Xadrez Ourense B, con vitorias de Miguel Reza e Antonio Villar e táboas de Diego Vidal e Marcos Reza. Na segunda división, o Universitario de Ourense B tamén gañou na casa contra Xadrez Ourense D. Neste caso o resultado final foi  3,5-0,5, con vitorias de Manuel Álvarez, Álvaro Suárez e Lino Hermida e táboas de Raúl Martínez. Por último, na terceira división o equipo do campus de Ourense empatou con Benchoshey Kasparov, con vitoria de Nuel Vázquez, táboas de Alberto Martínez e Sergio de Soto e derrota de Rodrigo Arias.