DUVI

Diario da Universidade de Vigo

63 estudante celebraron este xoves o remate dos seus estudos

Educación Primaria pecha os actos de graduación deste curso no campus

Trátase da sexta promoción de grao

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Estudantes
DUVI Ourense 29/06/2018

O alumnado de último curso do Grao en Educación Primaria, da Facultade de Ciencias da Educación, pechou este xoves os actos de graduación deste curso académico no campus de Ourense. 63 estudantes, a sexta promoción de graduadas e graduados en Educación Primaria (2014-2018), celebraron acompañados de membros da comunidade universitaria e familiares o remate con éxito dos seus estudos e o inicio dunha nova etapa profesional e persoal.

O acto, que contou coa participación de María Isabel Doval, vicerreitora de Responsabilidade Social, Igualdade e Cooperación da Universidade de Vigo, e Mar García, decana da Facultade de Ciencias da Educación, tivo como madriña á profesora Angélica Ferro e como padriño ao profesor Xosé Constela. “Tendes que traballar para conseguir cidadáns competentes capaces de afrontar con responsabilidade as funcións que van a desenvolver no futuro, debedes fortalecer valores, fomentar actitudes que axuden as nenas e nenos a formarse como persoas de ben cuns valores éticos e morais que lles permitan convivir adecuadamente nunha sociedade democrática e solidaria”, díxolle Mar García aos novos titulados e tituladas, aos que recalcou como “a vida está chea de oportunidades para conseguir os vosos soños, non deixedes pasar ningunha de largo”.