DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Segundo se extrae da tese de doutoramento de Pedro Sánchez Sellero

As empresas que apostan pola I+D son as que máis produtividade obteñen da inversión estranxeira directa

O estudo desvela que existen desbordamentos positivos das empresas con capital estranxeiro cara ás l

Etiquetas
  • Vigo
  • Investigación
M. Del Río DUVI 01/12/2011

A análise do impacto da inversión estranxeira directa sobre o progreso técnico dunha economía desenvolvida como a española desvela que as empresas que se implican máis no proceso de I+D son as que, á chegada de inversión estranxeira directa, máis melloran a produtividade. Esta é unha das conclusións que se extraen da tese de doutoramento de Pedro Sánchez Sellero, que estuda os efectos desta inversión internacional sobre a produtividade no sector manufactureiro español. Para a realización deste traballo o investigador analizou nun primeiro momento 100 sectores manufactureiros e posteriormente 327 empresas manufactureiras, en ambos casos dende 1994 ata 2006.

Segundo explica, trata de afondar na transmisión das vantaxes das empresas foráneas ás empresas locais e os resultados reflicten que a maior parte da inversión estranxeira directa (FDI) diríxese a sectores produtivos capital intensivos, especialmente cando eses sectores apostan tamén pola I+D. “As estimacións mostran que os efectos positivos de FDI sobre a produtividade manufactureira son solo atribuíbles a industrias intensivas en I+D e en capital, o que parece estar relacionado coa existencia de capacidades dinámicas ou con unha complementariedade nas inversións cos gastos de I+D”, explica o investigador. Isto demostra que a empresas implicas coa I+D son máis dinámicas e sacan máis proveito da inversión estranxeira, investimento este que empega para seguir potenciando a innovación na empresa, redundando así na mellora da produtuvidade.

A importancia dos desbordamentos

Os desbordamentos son os efectos que a inversión estranxeira directa ten sobre a absorción ou apropiación tecnolóxica, tamén chamados spillovers. Sanchez Sellero tamén analizou a súa influenza sobre o progreso técnico nas empresas manufactureiras nacionais, para o que definiu e estimou un modelo de función de produción que contén o efecto da participación de capital estranxeiro e da presenza estranxeira sobre o valor engadido (output). “O resultado de esta estimación é que o capital foráneo favorece o progreso técnico e que existen desbordamentos positivos das empresas con capital estranxeiro cara as empresas locais”. É dicir, que “as empresas españolas que realizan actividades de I+D ou que teñen un proceso produtivo complexo e innovador vense beneficiadas da chegada de inversión estranxeira directa, grazas a que estas capacidades lles permite absorber mellor os desbordamentos de dita FDI sobre o progreso técnico”.

A tese aborda tamén os factores determinantes da capacidade de absorción dos desbordamentos da FDI sobre o progreso técnico, como son as actividades e gastos de I+D, os resultados de I+D, a organización interna da innovación, a relación exterior da innovación, a calidade do capital humano, a xestión familiar da empresa, a complexidade da empresa e a concentración do mercado. “Os principais resultados son que a realización de actividades de I+D impulsan a xeración de novo coñecemento e a mellora da capacidade de absorción do progreso técnico dos desbordamentos da FDI”. Precisamente, son as actividades de I+D internalizadas as que teñen un efecto máis positivo, mentres que as externalizadas chegan a afectar negativamente.

Respecto á orixe dos recursos, Pedro Sánchez Sellero subliña que “as empresas que captan recursos financeiros privados teñen unha mellor capacidade de absorción de estes desbordamentos da FDI que as que proveñen de orixe pública. En cuanto á xestión familiar, esta prexudica a absorción dos desbordamentos da FDI. Finalmente, un proceso produtivo complexo e innovador permite ter máis e mellores instrumentos para absorber os spillovers da FDI.