DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Promovido pola Área de Benestar, Saúde e Deporte e o Vigo Rugby Club

Un encontro semanal para iniciarse no rugby 

De carácter gratuíto, ten lugar os luns na Xunqueira

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Transferencia
DUVI Pontevedra 13/10/2022

Dar a coñecer o rugby entre a comunidade universitaria e iniciala na práctica deste deporte é o obxectivo da actividade que cada luns se desenvolve no campo de fútbol da Xunqueira e na que tanto o alumnado como o persoal da UVigo pode vivir as súas primeiras experiencias con esta disciplina deportiva, na modalidade de sete xogadores. De carácter gratuíto, trátase dunha actividade para a que non son precisos coñecementos previos desde deporte e que a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade promove xunto co Vigo Rugby Club, ao abeiro dun convenio de colaboración.

“Trátase dunha actividade que xa se levou a cabo o pasado curso e que contou con boa afluencia”, sinala o técnico da Área de Benestar, Saúde e Deporte no campus, Gustavo Loureiro, dunha iniciativa que neste mes de outubro ponse de novo en marcha no campus coa colaboración tamén do Mareantes, filial do Vigo Rugby Club, e aberta tanto a aqueles e aquelas “que queiran practicar este deporte como aos que queiran coñecelo”. A actividade que, tamén da man do Vigo Rugby desenvólvese os mércores no campus vigués, lévase a cabo cada luns de 14.15 a 15.30 horas no campo de fútbol 11 da Xunqueira e as e os interesados en participar deben inscribirse, antes de cada sesión a través da plataforma Campus Activo. Ademais de para promocionar este deporte, a iniciativa posta en marcha neste mes de outubro busca tamén contribuír a crear un equipo de rugby sete nos diferentes campus