DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O equipo B e o xuvenil de rugby vencen ao CRAT da Coruña

O equipo feminino caeu en Lalín

Etiquetas
  • Vigo
  • Deportes
Lucía Costas DUVI 03/11/2008

O equipo xuvenil de rugby foi o primeiro en acadar a vitoria, este sábado, cun 22-8. O resultado reflexa a superioridade fronte aos coruñeses, sobre todo na primeira parte indo ao descanso cun contundente 22-3, podendo aínda ser superior. Na segunda metade houbo máis equilibrio, proba diso o estancamento do marcador agás nun ensaio dos de A Coruña no último minuto.
De seguido foi a vez do equipo B, enfrontábase ao CRAT B, no que formaron varios ilustres xogadores do conxunto dos últimos anos. 3-0 foi o resultado final dun encontro moi disputado, xogado de poder a poder, e no cal se puido conseguir máis ensaios por calquera dos dous equipos se non fora polas barreiras creadas nas defensas.
Ambos partidos, disputados con gran deportividade, foron dirixidos polo colexiado coruñés Anido, o que non impediu a súa impecable labor.

Derrota no estreo ligueiro do equipo feminino

Sorte dispar tivo o equipo feminino de rugby que debutou na liga cun mal resultado: 20-7 fronte ao Lalín, no campo de Barcia en Vilatuxe. Esta foi a primeira xornada e queda aínda moita marxe, pero debe mellorarse o xogo e o rendemento do equipo.