DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O conxunto da Universidade ascendeu á categoría B na que militará o vindeiro ano

O equipo feminino de tenis sitúase entre as 24 mellores formacións do Campionato de España

Etiquetas
  • Vigo
  • Deportes
Mª del Carmen Echevarría DUVI 20/11/2009

A Universidade de Vigo contará a vindeira temporada cun equipo na categoría B feminina, despois que a formación universitaria se clasificase como subcampioa de España da categoría C, un resultado que o leva directamente ao ascenso e a situarse entre os 24 mellores equipos do Campionato de España.
Nas dúas primeiras eliminatorias do campionato, o Universidade de Vigo cun equipo formado por Patricia Vilas, Andrea Retolaza, Julia Carballal e María López, superou claramente aos seus rivais: o Club de Campo Villa de Madrid e o Cordillera de Murcia.
Xa na final o equipo vigués mediuse ao C.T. Tafira-Los Toscanes que alzouse coa vitoria por un contundente 4-0. Ademais da calidade das rivais, o Universidade tivo que facer fronte ás pistas de Tennissinco, formadas por moqueta cunha lixeira capa de area, unha superficie na que o CD Universidade de Vigo non está habituado a xogar o que lle ocasionou dificultades de adaptación. Para a final disputada en Gran Canaria e con Andrea Retolaza lesionada, o adestrador do equipo vigués optou por un equipo de maior experiencia formado por Patricia Vilas, Raquel Guede, Adriana López e Nerea Irisarri.