DUVI

Diario da Universidade de Vigo

No Campionato de España da categoría B

O equipo de tenis feminino comeza esta fin de semana a pelexa polo ascenso

Unha vitoria final suporía unha praza na primeira división nacional

Etiquetas
  • Vigo
  • Deportes
M. Del Río DUVI 25/09/2008
O equipo universitario de tenis feminino participa esta fin de semana no Campionato de España B que se celebra en Barcelona. As viguesas poden acadar nesta competición o seu ascenso á categoría B, a primeira división do tenis español.
O primeiro encontro mediranas o sábado ao Clube de Tenis Guixols e, de proclamarse vencedoras, enfrontaríanse o domingo ao vencedor do choque entre o RACE de Madrid e o RC Polo de Barcelona, anfitrións deste campionato. Unha vitoria final suporía unha praza na categoría B, mentres que, de clasificarse segunda de grupo pasarían a xogar a promoción para ascender fronte ao sétimo clasificado da devandita división.

Catro grupos e 16 equipos

O Campionato de España por equipos na categoría B divídese en catro grupos compostos por outros catro equipos. Cada un destes grupos desputan, a xeito de liguiña, a competición en cadansúa sede, xogando na casa o Real Grupo de Cultura Covadonga, o Club Tenis Molina de Segura, o Club Tenis Sabadell e o RC Polo de Barcelona, sede do grupo do Universidade de Vigo.
Capitaneadas por Joaquín M. Comesaña, o equipo vigués ten inscritas á dez xogadoras: Raquel Guede Estévez, Adriana López Rodríguez, Mónica Irisarri Durán, Julia Carballal Fernández, Nerea Santomé Pereira, Maria López Abella, Paula Rey Sanles, Laura Comesaña Comesaña, Nerea Irisarri Durán e Ruth Díaz Rodríguez.