DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Procedentes da Escola Profissional de Trancoso

A Escola Superior de Enxeñaría Informática recibe a visita de 40 estudantes portugueses

Puideron coñecer as instalacións e titulacións deste centro

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Internacional
  • Visitas
  • Institucional
DUVI Ourense 12/01/2024

A Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do campus de Ourense recibiu este xoves pola tarde a visita de arredor de 40 estudantes da Escola Profissional de Trancoso (Portugal), acompañados de docentes dese centro. No seu percorrido puideron coñecer as instalacións de docencia e investigación coas que conta a ESEI e achegarse ás titulacións de grao que se imparten nela, como son as de Enxeñaría Informática e Intelixencia Artificial. Neste senso, o interese da visita xurdiu tendo en conta que no centro luso impártase formación en áreas como a xestión de equipamentos informáticos. Arno Formella, director da escola ourensá, e o profesor Pedro Cuesta foron os encargados, xunto a outros membros da ESEI, de amosar ao alumnado luso o centro e o campus e atender as súas consultas.