DUVI

Diario da Universidade de Vigo

En Santiago de Compostela esta fin de semana

Estudantes de posgrao de Filoloxía Inglesa de seis países danse cita no I International Postgraduate Conference on English Linguistics

Etiquetas
  • Vigo
  • Investigación
Mª del Carmen Echevarría DUVI 09/05/2008

Organizada por estudantes de posgrao dos departamentos de inglés das Universidades de Vigo e Santiago, esta fin de semana desenvólvese o First ELC International Postgraduate Conference on English Linguistics (ELC1) coa participación de alumnos de posgrado de Francia, Alemaña, Bélxica, Sudáfrica, Ucraína e España.
Con presenza de tres destacados conferenciantes que aportarán os seus traballos en sendas sesión plenarias, os estudantes terán no congreso a oportunidade de presentar os seus traballos de investigación relacionados coa lingüística nun entorno, segundo apuntan os organizadores, “informal e intelectualmente estimulante”.
Nesta primeira edición do congreso Ingo Plag da Universidade de Siegen falará sobre Creoles as interlanguages: preditions and implications, mentres que Geoffrey K. Pullum e Antonella Sorace, ambos da Universidade de Edimburgo pronunciarán cadansúa conferencia sobre The discipline where time stood still:stagnation in the stydy of English gramar, and what can we do about it e Variation and instability in bilingual speakers: seeing both the forest and the trees.
As sesión que se desenvolverán o sábado e domingo terán lugar na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago

O ELC

Xunto ás Universidades de Santiago e Vigo o congreso conta co apoio do English Linguistics Circle (ELC), un foro de discusión integrado polos grupos Languaje Varitaion and Textual Categorisation da Universidade de Vigo e Variation, Linguistic Change and Grammaticalisation e Santiago University Learner of English Corpus, ambos da Universidade de Santiago.