DUVI

Diario da Universidade de Vigo

As eleccións terán lugar o 6 de marzo

A Facultade de Ciencias da Educación elixe ao seu novo decano

Etiquetas
  • Ourense
  • Institucional
Marta Casanova DUVI 29/02/2008

A Facultade de Ciencias da Educación atópase inmersa no proceso electoral que culminará coa elección do seu novo decano. Unha vez rematado o prazo para a presentación de candidaturas, a única proposta é a encabezada pola profesora Mercedes Suárez. Completarían o seu equipo, en caso de resultar elixidos, Xosé Manuel Cid, actual decano, María del Pino Díaz, Ramón Ángel Fernández, e María Lameiras, como vicedecanos, e Antonio González, como secretario. Segundo o calendario electoral previsto, o prazo para presentar reclamacións será do 3 ao 4 de marzo, sendo o día 5 o da proclamación oficial dos candidatos. A elección definitiva terá lugar o xoves día 6 de marzo e nela poderán votar os membros da Xunta de Facultade, da que para estas eleccións foi nomeada presidenta María do Carme Henríquez, e que está composta por profesores, alumnos e PAS.

O relevo de Cid

Dende o nacemento da Facultade de Ciencias da Educación no ano 2001 ostentou o cargo de decano Xosé Manuel Cid. Tras dous mandatos non vai poder ser reelixido pero si formará parte do que será, previsiblemente o novo equipo decanal. De feito, a única candidatura presentada repite, no seu equipo, varios nomes do que ata o de agora estivo vixente como a propia Mercedes Suárez, ou Ramón Ángel Fernández, que xa eran vicedecanos.