DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O Universidade Ednon TRC viaxa a Barcelona

Fin de semana con importantes retos para o rugby e o baloncesto

Os xogadores de baloncesto mídense en derbi co C.B. Tui

Etiquetas
  • Vigo
  • Deportes
D. Besadío DUVI 12/12/2008

Esta fin de semana os equipos do campus teñen ante si varios retos importantes. No rugby, o Universidade Ednon TRC mídese en Barcelona ante o BUC e o equipo de baloncesto vivirá un interesante derbi co C.B. Tui, un encontro que se presenta emocionante e importante para as opcións de ascenso do equipo vigués.
O Universidade Ednon TRC viaxará o propio domingo ao campo da Foixarda, onde se disputará o partido ás 12.45 horas. En principio trátase dun encontro complicado ante un rival ateigado de bos xogadores, procedentes do histórico USAP. Ademais, na táboa o BUC atópase por enriba dos vigueses, se ben xa perderon dous partidos de liga, contra Gernika e Hernani, primeiros clasificados.

Catro encontros no campus

O domingo xogará tamén ás 12.00 o equipo da liga rexional galega fronte ao Fendetestas no campus vigués, mentres que o equipo feminino e o xuvenil xogarán o sábado tamén en Vigo. Ás 12.00 será o partido dos xuvenís fronte ao Ourense e, ás 16.45 as mulleres fronte ao Lalín.
O encontro de baloncesto será o domingo ás 18.00 horas tamén no campus.