DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Trátase de Pablo Sueiro, enxeñeiro de sistemas espaciais da compañía alemá OHB

O Foro Aero arranca cunha conferencia dun egresado de Aeroespacial sobre o seu traballo na misión de defensa planetaria Hera

Entre outros temas falou sobre as investigacións arredor do asteroide binario Didymos

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Charlas e seminarios
  • Estudantado
  • TIC
  • Académica
DUVI Ourense 11/10/2023

A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense acolleu este martes pola tarde a conferencia Spacecraft Systems & Operations Engineering. Hera: Planetary Defense Mission, ofrecida polo egresado (promoción 2017-2021) deste centro Pablo Sueiro Martínez, enxeñeiro de sistemas espaciais que traballa na compañía alemá OHB na misión de defensa planetaria Hera, unha misión en desenvolvemento da Axencia Espacial Europea e OHB que se lanzará en outubro de 2024. Na charla abordou temas como as investigacións a realizar no asteroide binario Didymos, incluída unha primeira avaliación das súas propiedades internas e a medida do resultado da proba do impactador cinético da misión DART da NASA. Con esta conferencia arrancou unha nova edición do Foro Aero da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, un ciclo de charlas divulgativas que cada curso académico celebra este centro co obxectivo de achegar ao seu alumnado e profesorado temas de interese do seu ámbito fóra do currículo académico. A conferencia foi presentada por Humberto Michinel, director deste centro, que destacou a satisfacción da escola por recibir xa a egresados seus para falar do traballo que realizan en destacados proxectos como Hera.