DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Nunha xornada organizada pola Facultade de Dereito e o Imelga

Futuros xuristas coñecen de primeira man o traballo forense

Contou coa participación dunha trintena de estudantes

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Académica
DUVI Ourense 08/11/2022

Cada curso académico a Facultade de Dereito do campus de Ourense organiza unha conferencia de Fernando Serrulla Rech, responsable da Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), que permite ás e aos futuros xuristas familiarizarse co traballo que realizan os médicos e médicas forenses. Este ano, como novidade, a xornada trasladouse ao Instituto de Medicina Legal de Galicia, con sede no hospital de Verín, para que o alumnado tivera a oportunidade de coñecer in situ o traballo que es realiza neste órgano. Tamén asistiron á conferencia A antropoloxía forense ao servizo da xustiza. Na actividade participou unha trintena de estudantes do Grao en Dereito, o Máster Universitario da Avogacía e o Programa Conxunto ADE-Dereito. As e os asistentes contaron coas explicacións de Fernando Serrulla, médico forense cunha dilatada traxectoria na que destacan casos como a autopsia de Diana Quer tralo achado do seu cadáver, a segunda autopsia que identificou os restos dos fillos de José Bretón tras unha primeira autopsia errónea, a identificación de corpos do 11-M ou a exhumación de soldados descoñecidos mortos na guerra das Malvinas. A actividade estivo dirixida por Marta Fernández, decana da Facultade de Dereito, e Benjamín Mayo, coordinador profesional do Máster Universitario en Avogacía do campus de Ourense.