DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Xesús Alonso Montero, novo presidente da RAG:

“O galego é unha fala antiburguesa"

O catedrático impartiu no campus un relatorio sobre os 40 anos de 'Informe –dramático- sobre a lingu

Etiquetas
  • Pontevedra
  • Cultura
Cristina Rodríguez e Francisco Prieto DUVI 22/04/2013

Tan só dous días despois de resultar elixido como novo presidente da Real Academia Galego, o catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela, Xesús Alonso Montero, achegouse este luns ao campus pontevedrés para facer unha lembranza das catro décadas que pasaron dende a publicación do seu Informe –dramático- sobre a lingua galega. Na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, o escritor e ensaísta, arroupado pola vicerreitor do campus, Antonia Blanco e os profesores Benigno Fernández Salgado e Ana Acuña, adiantou que acatará a normativa actual do idioma, da que non prevé cambios no seu mandato.Tamén asegurou que a protección da lingua está por riba de calquera rivalidade e lembrando os seus anos de nenez e de descubrimento da situación social do idioma afirmou que “o galego é unha fala antiburguesa”.

Obxectivo dos xornalistas durante as últimas semana pola súa candidatura á presidencia da RAG, ironizou sobre o feito de que no 30 aniversario do seu libro non acudisen máis que uns cantos, mentres que hoxe, dez anos máis tarde, a cobertura mediática, “achégase a unha magnífica recepción” debido ó feito da súa elección como doceavo presidente da Academia.

Humanista con dominio de case tódolos campos do saber, é ante todo un “sementador de palabras” e un gran orador, faceta que demostrou neste relatorio ante os universitarios e futuros mestres de Galicia.

As súas vivencias

O galego era o idioma no que construíu o máis importante da súa existencia, os alicerces da súa vida. Mais cando chega á escola descubre que o profesor daba clases en castelán. Sendo el pequeno, decátase (sen ser aínda sociolingüista) de que os que calzan ben, visten ben e comen ben, falan castelán e teñen recoñecemento social. O galego era unha lingua con “mancha”, válido para o ámbito familiar e rural pero non apto para acadar a estima social. O castelán existía na Igrexa e na escola. Era a lingua da cultura, da Administración, a dos ricos e poderosos. “Pois logo, o idioma que falaban eles era o propio dos pobres e aldeáns. Co galego non se abrían portas nin se ligaba”.

Situación da lingua

Nese tempo de represión de ideas e de linguas foi no cal medrou Alonso Montero. Un panorama que non admitía case a esperanza, e que se ve na visión apocalíptica do futuro do galego que reflicte a súa obra. A situación naquel momento era bastante desoladora. Malia todo, valora positivamente o feito de que a lingua esté a recuperar usos e a normativizarse en campos nos que nunca antes estivo presente, chegando mesmo a recoñecer que as súas previsións de cara ó futuro non foron de todo acertadas. Pero non por iso debe ser menor o pulo que se lle debe dar á nosa lingua, nin menores os esforzos para mantela viva outras mil primaveras máis.