DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Unha trintena de estudantes comparten unha semana de actividades

O Grao de Turismo celebra un seminario internacional con alumnado alemán

A iniciativa é froito da colaboración coa Hochschule für Technik und Wirtschaft des Saarlandes

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Estudantado
  • Internacional
  • Estudantes
DUVI Ourense 25/09/2023

Desde este luns e ata o venres 29 de setembro, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense celebra unha nova edición do seu Joint Seminar coa universidade alemá Hochschule für Technik und Wirtschaft des Saarlandes (HTW Saar), de Saarbrücken. Nel participa arredor dunha ducia de estudantes do país xermano e outros tantos de segundo e terceiro curso do Grao de Turismo que se imparte nesta facultade ourensá. Ao longo das sesións, que terán o inglés como lingua de comunicación, as e os estudantes das dúas institucións abordarán diferentes aspectos relacionadas coa xestión cultural e o turismo, dedicando especial atención aos produtos rexionais neste eido, e traballarán en pequenos grupos mixtos diferentes propostas. Tampouco faltarán, tendo en conta a temática do seminario, as actividades turísticas para coñecer de primeira man enclaves destacados neste eido, como Santiago de Compostela, ademais da propia cidade das Burgas.

O seminario forma parte das iniciativas de internacionalización da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense, que perseguen que o seu alumnado estea cada vez máis exposto ao traballo noutras linguas e con outras realidades socioculturais que melloren a súa formación. Esta convivencia de alumnado propio e internacional, sinalan desde o centro, resulta moi enriquecedor non só polos contidos que se abordan nas actividades organizadas senón tamén por facelo desde perspectivas e formacións moi diferentes aínda que desde a mesma área de coñecemento.