DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Na montaxe "Sen papeis" de Cigâni & Cia

A inmigración en clave de humor

Etiquetas
  • Vigo
  • Cultura
DUVI DUVI 20/11/2008

A inmigración tamén pode ser o argumento dun espectáculo cómico e proba diso é a montaxe Sen papeis coa que a compañía Cigâni & Cia, amenizou o xantar das persoas que se deron cita este mediodía no Centro comercial de Cidade Universitaria.
Inspirada nos personaxes e na estética dos filmes dirixidos polo realizador e músico serbio Emir Kusturica, Sen papeis, logrou sorprender e facer rir a un público que non puido permanecer indiferente ante a montaxe da compañía galega. Cigâni & Cia, métense na pel dun grupos de ilegais que emprenden unha viaxe nun coche escangallado e no que non falta a música balcánica a todo volume.
A partir de aí e unha vez chegados a destino saen a escena unha tuba, unha trompeta e un charlatán. Música, canto, fuxidas da policía, malabares con ladrillos, intervención do público asistente que obrigado a desfacerse da vergoña, participa da montaxe.

Conta atrás para que baixe o pano

A representación de hoxe é a penúltima antes de que finalice a programación teatral deseñada pola Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes para o primeiro cuadrimestre. O británico Fraser Hooper será o encargado, o vindeiro mércores 26, de baixar o pano do primeiro tramo da programación teatral. Será coa posta en escena da obra Strawberry.